Monday 29 de April de 2024

Medio cento de persoas gozaron onte dunha tarde en familia co espectáculo de Os Bolechas na Casa da Cultura de Camporrapado


Medio cento de persoas achegáronse onte á tarde á Casa da Cultura de Camporrpado para gozaren dunha amena sesión de monicreques e xogos. A través do programa de dinamización lingüística falaRedes, a Secretaría Xeral de Política Lingüística achegou o espectáculo de Os Bolechas Somos unha gran familia ao Concello de Boqueixón.

Dirixida a crianzas de entre 4 e 8 anos, esta iniciativa ofreceu unha completa sesión de monicreques co principal obxectivo de fomentar os valores da familia. Unha actividade que contou coa participación activa das cativas e cativos asistentes.